Podemos dicir que este fluorocarbono 100% é un dos nosos produtos estrela. Alta resistencia, cero visibilidade baixo a auga, gran resistencia á abrasión e o rozamento, e un punto de elasticidade. Destinado á pesca en mar e os grandes depredadores de auga doce. Desenvolto polo equipo de ARCAY Fishing, en colaboración con Walter “O Tanero”, especialista na pesca da dourada en rías, unha das pescas máis críticas para un fluorocarbono. Tamén testado na pesca a spinning, jigging, surfcasting , corcheo e na pesca en lago e río con grandes peces ( salmon, reo, troita, black bass, lucio…) con excelentes resultados. Dispoñible nunha gran gama de diámetros minuciosamente calibrados (0.210, 0.230, 0.252, 0.285, 0.308, 0.335, 0.372, 0.405 e 0.425). Relación calidade-prezo practicamente imbatible no mercado actual. Bobinas de 50 metros, de 2 cm de espesor e de 8.5 cm de diámetro, envasado en bolsa hermética para protexelos da humidade e aumentar a súa durabilidade. Cubertos cunha goma para protexelos da luz solar e os enredos.
Produtos relacionados
Fluorocarbonos e Tippets
Fluorocarbonos e Tippets
Fluorocarbonos e Tippets
Fluorocarbonos e Tippets