DEVOLUCIÓNS

COMO PODO DEVOLVER UN ARTIGO?

En Arcay Fishing® qqueremos que quedes satisfeito coas túas compras pero se non é así, podes devolver os artigos no seu estado orixinal nun prazo máximo de 10 días naturais tras recibir o pedido, e emitiremos o reembolso correspondente

Podes enviar artigos de diferentes pedidos nun mesmo paquete enchendo e introducindo as follas de devolucións correspondentes a cada pedido dentro do paquete.

Ofrecémosche 2 sinxelas opcións para realizar unha devolución. Independentemente de cal sexa a opción que elixas, lembra introducir na devolución a folla que recibiches no teu paquete para que teñamos os datos do teu pedido. Se a perdiches, imprímea aquí.

Elixe o método que mellor che conveña:

  • Recollida na túa porta (a través de mensaxeiro ASM):

Para realizar a devolución a través deste método, enche o formulario de devolución, inclúeo no teu paquete, cobre os datos de envío e chama ao teléfono 902 11 33 00 de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 Hrs. O mensaxeiro recolleracho na dirección que indicases.

*Para máis info sobre opcións e prezos, contacta connosco facendo click aquí.

  • Envío postal. 

Só terás que enviar a túa devolución a través da túa oficina de correos máis próxima a esta dirección:

FLY FISHINIG ARCAY, S.L.

C/ Monasterio de Caaveiro, 8 – 3º D

15190 – A Coruña

Recomendámosche que conserves unha proba do envío.

REEMBOLSO

A túa devolución pode tardar ata 10 días laborables (excluíndo fins de semana e festivos) en chegar ao noso almacén, dependendo do método de devolución que uses.

Mandarémosche un email o primeiro día laborable a partir de recibir a túa devolución para confirmar que foi recibido e reembolsado.

Calquera reembolso será automaticamente realizado no método de pago utilizado para realizar o pedido. Pode tardar 5 días laborables en que os fondos aparezan na túa conta.

Tentamos aceptar todas as devolucións e non teñen que estar na súa caixa ou bolsa orixinal, a condición de que estea empaquetado de forma segura. No improbable caso de que un artigo sexa devolto nunha condición inapropiada, teriamos que enviarcho de volta.

Descargar formulario de devolución